InicioCentralAlfozO mel Ouro Puro de Alfoz cruza fronteiras e faise internacional

O mel Ouro Puro de Alfoz cruza fronteiras e faise internacional

Logran unha medalla de ouro nos premios London Honey Awards.

Publicada o

- Advertisement -

O mel Ouro Puro, de Alfoz, logrou unha medalla de ouro nos premios London Honey Awards, o que supón un importante recoñecemento a nivel mundial. Así o comentou o responsable de Ouro Puro, Iván Marrube, que se amosou moi satisfeito con esta distinción que conseguiron na categoría de mel en packaging.

Esta é a primeira ver que se presentan a este certame de gran repercusión a nivel mundial. Marrube destaca que “seguramente é o premio de mel máis importante a nivel mundial, no que conceden distincións aos que teñen uns esixentes estándares de calidade”.

Nestres premios O poder das flores, de Carballido, e Mari Fe, de O Valadouro, tamén conseguiron medallas de ouro o que supón “un recollecemento moi grande ao mel de Galicia”, explica Marrube.

O mel de Ouro Puro de Alfoz xa fora elixido o mellor de Galicia na categoría de monofloral na XIX Cata dos Meles organizada pola Consellería de Medio Rural e a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia en decembro do ano pasado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...